miércoles, 21 de febrero de 2007

As TICs no tecido empresarial

A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN GALICIA
Actualmente, atopámonos nun momento de moitos cambios e no que ten prioridade o coñecemento, a aprendizaxe e o manexo da información, polo que nos situamos nunha sociedade cambiante denominada “Sociedade da lnformación”, que actúa como elemento de desenvolvemento social e de benestar para todos, permitindo a difusión do coñecemento a un menor custe e un acceso de todos os cidadáns á información, a novas oportunidades e a unha maior calidade de vida.


O desenvolvemento da Sociedade da Información e o Coñecemento é unha prioridade de
primeiro orde nestes momentos para Galicia como base para o seu desenvolvemento
económico e social, pois é evidente que existe unha clarísima fenda dixital con respecto a outras Comunidades Autónomas do Estado. Galicia está nunha situación de desvantaxa, quizais, por diferentes factores como poderían ser o avellentamento da poboación, a dispersión xoegráfica, diferentes hábitos de vida, etc.

Para poder paliar esta fenda dixital e introducir a Sociedade da Información na nosa Comunidade, a Xunta de Galicia está a desenvolver o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). Esta iniciativa da Consellería de Innovación e Industria busca fomentar o desenvolvemento dunha economía do coñecemento ata acadar a converxencia de Galicia cos obxectivos fixados pola Unión Europea na Estratexia de Lisboa, e nas sucesivas revisións deste programa.

Se nos centramos nas empresas e no emprego das Novas Tecnoloxías, as conclusións que podemos sacar veñen a ser as mesmas ou moi semellantes. Evidentemente, a situación non é igual cando se fai referencia a empresas grandes e pequenas. Pero, sobre todo, no noso contexto, existe un maior número de empresas pequenas. Hai unha elevada porcentaxe de empresas, sobre todo micropequemes e pequenas empresas, que non fan uso das TICs no seu traballo cotiá.
Pois ben, dentro deste PEGSI, antes citado, a Consellería de Innovación e Industria puxo en marcha a rede Dinamizadores da Sociedade da Información, co obxectivo de acercar as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) á cidadanía en xeral e, neste caso, ó tecido empresarial en particular. Rede de Dinamizadores á cal, por suposto, a Dinamizadora desta Asociación de Empresarios (e quen modestamente publica este blog), pertence. Este blog, polo tanto, é un exemplo máis deste acercamento, así que espero lles interese este artigo e se animen a facer algún comentario e participar.

BENVIDOS Ó NOVO BLOG!!!!!!!!

BENVIDOS Ó NOVO BLOG DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO INDUSTRIAL DO SALNÉS!!!!
Dende este novo espazo virtual que as Novas Tecnoloxías nos ofrecen, invítovos a todos e a todas a participar de éste e espero que resulte do voso agrado e interese.
Penso que, en primeiro lugar, e antes de nada, convendría dicir que é un blog, porque actualmente escoitamos falar de conceptos acerca de internet, etc, pero que, moitas veces, non sabemos que son en realidade. Pois ben, é moi sinxelo, un blog non é máis que un sitio web onde se recopilan cronoloxicamente mensaxes de un ou de varios autores, sobre unha temática en particular, sempre conservando o autor a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.
Pois ben, neste caso, este blog tendrá como tema principal as Tecnoloxías da Información e Comunicación no entorno empresarial.