viernes, 27 de julio de 2007

BOLETÍN TECNOLÓXICO

A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés xunto coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información, ten o pracer de, a partir de agora, enviarlle unha serie de boletíns tecnolóxicos onde se poderán tratar temas de gran interese tanto para a súa vida profesional como persoal. Abarcarán contidos cotiás, de gran utilidade, sen outro obxectivo que o de facilitar o acercamento do empresariado á Sociedade da Información e difundir as utilidades das Novas Tecnoloxías.
O primeiro número xa foi enviado por correo electrónico e tiña por título Skype: chamadas telefónicas de baixo custe a teléfonos de todo o mundo.
O seguinte número, que recibirán a semana próxima será acerca de WINZIP E WINRAR: compresión e descompresión de arquivos.
E así seguiremos a enviar máis boletíns con asuntos realmente suxestivos e importantes e que esperamos lle resulten satisfactorios e proveitosos.
Agradecer enormente á compañeira dinamizadora da Asociación de Empresarios de Culleredo a súa información acerca desta iniciativa posta en marcha.
Se ten calqueira dúbida acerca destes boletíns e no que neles se trata así como calqueira outra cuestión non dubide en poñerse en contacto con nós na Asociación de Empresarios, tanto na nosa sede así como a través do teléfono ou correo electrónico habitual.