martes, 5 de junio de 2007

OBRADOIRO NIVEL USUARIO POWER POINT

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O NOVO OBRADOIRO A NIVEL USUARIO DE POWER POINT

Xa é posible anotarse a este novo obradoiro, todas as empresas están informadas desta actividade, polo que só hai que acudir á Asociación de Empresarios a apuntarse, ou ben mandar un correo electrónico ou chamar por teléfono, como sempre.

Este programa está indicado para realizar as transparencias que se realizan nas presentacións.

Os contidos que se tratarán son os seguintes: pasos axeitados para preparar unha boa presentación, regras prácticas para a elaboración das transparencias, crear formatos, deseños e efectos para presentacións, etc.

Esta actividade se desenvolvería de 20 a 21:30 horas, aproximadamente, logo da xornada laboral, os días martes e xoves, dando comezo o martes 19 de xuño e rematando o xoves 28 deste mesmo mes.

POR FIN PODEMOS VISITAR A PÁXINA WEB DA REDE DE DINAMIZACIÓN


XA EXISTE UNHA PÁXINA WEB OFICIAL DA REDE DE DINAMIZACIÓN

Xa é unha realidade, despois de tantos meses de espera, a páxina web oficial da Rede de Dinamización da Sociedade da Información xa é pública e visible.

Nesta páxina poderase atopar todas as novas relativas á Rede de Dinamización e á Sociedade da Información en xeral e , en particular, accedendo mediante ás miniwebs, a cada entidade que está dentro desta Rede. Deste xeito, calquera nova que teña que ver coa Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés e o seu proxecto de Dinamización aparecerá na miniweb, á que se chega, logo de estar na páxina principal : dinamiza.sociedadedainformacion.eu/web , logo de entrar en Centros da Rede e buscar na provincia de Pontevedra a A sociación de Empresarios do Parque do Salnés.

Só queda dicir que, a parte deste blog, esta páxina é outra maneira de estar informado sobre a Rede de Dinamización da Sociedade da Información tanto na Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés como no resto da comarca ou como, incluso, en toda a comunidade galega.

viernes, 1 de junio de 2007

OFERTA CURSOS DE FORMACIÓN ESPECÍFICA GRATUITOS

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (S.A.X CESGA) a través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés, quere levar a cabo unha intervención formativa específica para PEMES e microPEMES .

A intención é mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas introducindo e afondando no uso das ferramentas de software libre máis implantadas e complementándose coa formación en áreas menos desenvolvidas, pero de interese estratéxico para a mellora da súa competitividade.

Para acadar estes obxectivos cóntase co apoio dunha empresa especializada no campo da formación en software libre e coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información que será a encargada de levar a oferta de cursos de formación ás empresas.

Xa se enviaron os correspondentes escritos así como se adxuntou a oferta formativa completa, así que só falta apuntarse.

Recordar que se teñen que forman grupos de entre 15 e 20 persoas, doutro xeito non será posibible realizar esta actividade. O prazo máximo de apuntarse ós mesmos remata o día 13 de xuño. Como sempre pode anotarse a éstes chamando por teléfono á Asociación de Empresarios (986 544 078), personándose nas súas oficinas ou mandando un correo electrónico (asociacion@poligonodelsalnes.com).

Esta é unha oportunidade excelente para obter uns coñecementos máis profundos sobre certos programas.