jueves, 12 de abril de 2007

REALIZADA A PRIMEIRA CHARLA


Xa tivo lugar a primeira das actividades realizadas na Asociación de Empresarios pola Dinamizadora da Sociedade da Información. Aconteceu o 28 de marzo e non foi outra que a primeira dunha serie de Charlas que están previstas. Nesta ocasión a Charla titulábase VANTAXES DO USO DAS TICS POLO TECIDO EMPRESARIAL.

A asistencia a ésta non foi demasiado numerosa, pero, dende logo, agradecer enormemente ós asistentes que acudiron, esperando que volvan á seguinte e que o número de asistentes sexa máis amplo.

Está pensado que a segunda destas Charlas se desenvolva na última semana de abril. Agora tócalle o turno á certificación e firma dixital, á factura e ó comercio electrónico. Cando definitivamente se coñeza a data da súa exposición serán avisados/as coa suficiente antelación, esperando, como dixen anteriormente, que o aforo sexa maior e resulte do seu agrado e interese.

A Dinamizadora da Sociedade da Información.

No hay comentarios: