lunes, 7 de mayo de 2007

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, DÍA DE INTERNET, DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

17demaio.salnes.gal
O próximo día 17 de maio, como todos e todas sabedes é o Día das Letras Galegas, o cal, este ano, se lle adica a María Mariño. Pero o que quizais non sabedes é que ademais tamén é o Día de Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Para conmemorar este día e todas estas celebracións, ó longo de todo o mes, dende a Xunta de Galicia e a Consellería de Innovación e Industria, en colaboración con diferentes entidades, asociacións, organismos, etc, vanse producir diversas actividades en puntos diferentes da xeografía galega. estas actividades son de tipo moi distinto, abarcando temáticas variadas, dende o software libre ata conferencias sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información, emisións radiofónicas... Para poder ter unha mellor información respeto a esta iniciativa tan interesante podedes consultar a páxina web oficial que se fixo con motivo desta campaña de difusión e promoción. A páxina é a seguinte: www.maisinternetmaisgalego.org
Por outra parte, dende a Rede de Dinamización, tamén se porán en práctica diferentes actividades dirixidas a estas celebracións. Cada dinamizador/a, ou tamén por equipos, como é o caso do Salnés, planificará actividades para desenvolver no seu lugar de traballo. Da man dos meus compañeiros e compañeiras do Salnés,máis da miña, terán lugar en Sanxenxo, na aula de informática do Centro de Día de Baltar, e nos telecentros de Meaño e O Grove.



Está preparado para o luns día 14 de maio un trivial por equipos, para o martes 15 un relato en rede e para o mércores16 unha xornada de xogos multimedia. Haberá unha serie de agasallos para os equipos gañadores tanto do trivial como do relato en rede.


Así que espero que vos resulten interesantes estas actividades e acudades ós diversos telecentros da comarca para pasar un rato entretido e agradable, xuntos coa vosa familia e amigos/as.

No hay comentarios: