viernes, 1 de junio de 2007

OFERTA CURSOS DE FORMACIÓN ESPECÍFICA GRATUITOS

A Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia e a Sociedade Anónima Xestión Centro de Supercomputación de Galicia (S.A.X CESGA) a través da Rede de Dinamización da Sociedade da Información e da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés, quere levar a cabo unha intervención formativa específica para PEMES e microPEMES .

A intención é mellorar os parámetros produtivos e sociais das empresas galegas introducindo e afondando no uso das ferramentas de software libre máis implantadas e complementándose coa formación en áreas menos desenvolvidas, pero de interese estratéxico para a mellora da súa competitividade.

Para acadar estes obxectivos cóntase co apoio dunha empresa especializada no campo da formación en software libre e coa Rede de Dinamización da Sociedade da Información que será a encargada de levar a oferta de cursos de formación ás empresas.

Xa se enviaron os correspondentes escritos así como se adxuntou a oferta formativa completa, así que só falta apuntarse.

Recordar que se teñen que forman grupos de entre 15 e 20 persoas, doutro xeito non será posibible realizar esta actividade. O prazo máximo de apuntarse ós mesmos remata o día 13 de xuño. Como sempre pode anotarse a éstes chamando por teléfono á Asociación de Empresarios (986 544 078), personándose nas súas oficinas ou mandando un correo electrónico (asociacion@poligonodelsalnes.com).

Esta é unha oportunidade excelente para obter uns coñecementos máis profundos sobre certos programas.



No hay comentarios: