martes, 5 de junio de 2007

OBRADOIRO NIVEL USUARIO POWER POINT

ABERTO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN PARA O NOVO OBRADOIRO A NIVEL USUARIO DE POWER POINT

Xa é posible anotarse a este novo obradoiro, todas as empresas están informadas desta actividade, polo que só hai que acudir á Asociación de Empresarios a apuntarse, ou ben mandar un correo electrónico ou chamar por teléfono, como sempre.

Este programa está indicado para realizar as transparencias que se realizan nas presentacións.

Os contidos que se tratarán son os seguintes: pasos axeitados para preparar unha boa presentación, regras prácticas para a elaboración das transparencias, crear formatos, deseños e efectos para presentacións, etc.

Esta actividade se desenvolvería de 20 a 21:30 horas, aproximadamente, logo da xornada laboral, os días martes e xoves, dando comezo o martes 19 de xuño e rematando o xoves 28 deste mesmo mes.

1 comentario:

Noelia Rafael Cabaleiro dijo...

Ola! Unha bitácora fantástica! Noraboa á dinamizadora!! Espero que as empresas do Salnés se animen a participar no obradoiro de Power Point pois lles será moi útil sobre todo aos xerentes e directivos.
Un saudo dende a Asociación de Empresarios de Mos