lunes, 7 de mayo de 2007

DÍA DAS LETRAS GALEGAS, DÍA DE INTERNET, DÍA MUNDIAL DAS TELECOMUNICACIÓNS E DA SOCIEDADE DA INFORMACIÓN

17demaio.salnes.gal
O próximo día 17 de maio, como todos e todas sabedes é o Día das Letras Galegas, o cal, este ano, se lle adica a María Mariño. Pero o que quizais non sabedes é que ademais tamén é o Día de Internet e o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información.

Para conmemorar este día e todas estas celebracións, ó longo de todo o mes, dende a Xunta de Galicia e a Consellería de Innovación e Industria, en colaboración con diferentes entidades, asociacións, organismos, etc, vanse producir diversas actividades en puntos diferentes da xeografía galega. estas actividades son de tipo moi distinto, abarcando temáticas variadas, dende o software libre ata conferencias sobre o desenvolvemento da Sociedade da Información, emisións radiofónicas... Para poder ter unha mellor información respeto a esta iniciativa tan interesante podedes consultar a páxina web oficial que se fixo con motivo desta campaña de difusión e promoción. A páxina é a seguinte: www.maisinternetmaisgalego.org
Por outra parte, dende a Rede de Dinamización, tamén se porán en práctica diferentes actividades dirixidas a estas celebracións. Cada dinamizador/a, ou tamén por equipos, como é o caso do Salnés, planificará actividades para desenvolver no seu lugar de traballo. Da man dos meus compañeiros e compañeiras do Salnés,máis da miña, terán lugar en Sanxenxo, na aula de informática do Centro de Día de Baltar, e nos telecentros de Meaño e O Grove.



Está preparado para o luns día 14 de maio un trivial por equipos, para o martes 15 un relato en rede e para o mércores16 unha xornada de xogos multimedia. Haberá unha serie de agasallos para os equipos gañadores tanto do trivial como do relato en rede.


Así que espero que vos resulten interesantes estas actividades e acudades ós diversos telecentros da comarca para pasar un rato entretido e agradable, xuntos coa vosa familia e amigos/as.

jueves, 12 de abril de 2007

ABERTO O PLAZO DE INSCRIPCIÓN PARA OBRADOIRO DE WORD (NIVEL USUARIO)

Como todos saberán, despois da visita por cada empresa dos polígonos, está aberto o prazo de inscripción para o Obradoiro de Word a nivel usuario que a Dinamizadora da Sociedade da Información da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Salnés, pertencente á Rede de Dinamización que a Consellería de Innovación e Industria puxo en marcha, está a preparar.

Este obradoiro pretende ofrecer unha serie de nocións básicas para lograr un manexo deste procesador de textos. Os contidos que se abarcarán son: producción de textos, mover, copiar e pegar, formatear textos...

A idea é que teña lugar a partir da última semana de abril ou a primeira de maio. O horario programado sería de 20:00 a 21:30, sempre tentando adaptarse o máximo posible ás conveniencias dos usuarios. Aproximadamente, daríanse 6 sesións de clase que, dependendo do número de persoas interesadas en asistir, se realizarían unha ou dúas veces por semana.

Por eso, aqueles que esteades interesados/as en acudir a este obradoiro, apuntádevos, ou ben chamando por teléfono á Asociación de Empresarios, ou indo en persoa ó Edificio Multiusos, sede da Asociación, ou mandando un correo electrónico á dirección que aparece nos carteis que se entregaron en cada empresa.

Por último, sinalar que pensamos en realizar, logo de este, outros obradoiros como o de Excell, Power Point, Iniciación a internet e correo electrónico, etc, todos eles a nivel usuario.

A Dinamizadora da Sociedade da Información.

REALIZADA A PRIMEIRA CHARLA


Xa tivo lugar a primeira das actividades realizadas na Asociación de Empresarios pola Dinamizadora da Sociedade da Información. Aconteceu o 28 de marzo e non foi outra que a primeira dunha serie de Charlas que están previstas. Nesta ocasión a Charla titulábase VANTAXES DO USO DAS TICS POLO TECIDO EMPRESARIAL.

A asistencia a ésta non foi demasiado numerosa, pero, dende logo, agradecer enormemente ós asistentes que acudiron, esperando que volvan á seguinte e que o número de asistentes sexa máis amplo.

Está pensado que a segunda destas Charlas se desenvolva na última semana de abril. Agora tócalle o turno á certificación e firma dixital, á factura e ó comercio electrónico. Cando definitivamente se coñeza a data da súa exposición serán avisados/as coa suficiente antelación, esperando, como dixen anteriormente, que o aforo sexa maior e resulte do seu agrado e interese.

A Dinamizadora da Sociedade da Información.

miércoles, 21 de febrero de 2007

As TICs no tecido empresarial

A SOCIEDADE DA INFORMACIÓN EN GALICIA
Actualmente, atopámonos nun momento de moitos cambios e no que ten prioridade o coñecemento, a aprendizaxe e o manexo da información, polo que nos situamos nunha sociedade cambiante denominada “Sociedade da lnformación”, que actúa como elemento de desenvolvemento social e de benestar para todos, permitindo a difusión do coñecemento a un menor custe e un acceso de todos os cidadáns á información, a novas oportunidades e a unha maior calidade de vida.


O desenvolvemento da Sociedade da Información e o Coñecemento é unha prioridade de
primeiro orde nestes momentos para Galicia como base para o seu desenvolvemento
económico e social, pois é evidente que existe unha clarísima fenda dixital con respecto a outras Comunidades Autónomas do Estado. Galicia está nunha situación de desvantaxa, quizais, por diferentes factores como poderían ser o avellentamento da poboación, a dispersión xoegráfica, diferentes hábitos de vida, etc.

Para poder paliar esta fenda dixital e introducir a Sociedade da Información na nosa Comunidade, a Xunta de Galicia está a desenvolver o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI). Esta iniciativa da Consellería de Innovación e Industria busca fomentar o desenvolvemento dunha economía do coñecemento ata acadar a converxencia de Galicia cos obxectivos fixados pola Unión Europea na Estratexia de Lisboa, e nas sucesivas revisións deste programa.

Se nos centramos nas empresas e no emprego das Novas Tecnoloxías, as conclusións que podemos sacar veñen a ser as mesmas ou moi semellantes. Evidentemente, a situación non é igual cando se fai referencia a empresas grandes e pequenas. Pero, sobre todo, no noso contexto, existe un maior número de empresas pequenas. Hai unha elevada porcentaxe de empresas, sobre todo micropequemes e pequenas empresas, que non fan uso das TICs no seu traballo cotiá.
Pois ben, dentro deste PEGSI, antes citado, a Consellería de Innovación e Industria puxo en marcha a rede Dinamizadores da Sociedade da Información, co obxectivo de acercar as Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICs) á cidadanía en xeral e, neste caso, ó tecido empresarial en particular. Rede de Dinamizadores á cal, por suposto, a Dinamizadora desta Asociación de Empresarios (e quen modestamente publica este blog), pertence. Este blog, polo tanto, é un exemplo máis deste acercamento, así que espero lles interese este artigo e se animen a facer algún comentario e participar.

BENVIDOS Ó NOVO BLOG!!!!!!!!

BENVIDOS Ó NOVO BLOG DA ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DO POLÍGONO INDUSTRIAL DO SALNÉS!!!!
Dende este novo espazo virtual que as Novas Tecnoloxías nos ofrecen, invítovos a todos e a todas a participar de éste e espero que resulte do voso agrado e interese.
Penso que, en primeiro lugar, e antes de nada, convendría dicir que é un blog, porque actualmente escoitamos falar de conceptos acerca de internet, etc, pero que, moitas veces, non sabemos que son en realidade. Pois ben, é moi sinxelo, un blog non é máis que un sitio web onde se recopilan cronoloxicamente mensaxes de un ou de varios autores, sobre unha temática en particular, sempre conservando o autor a liberdade de deixar publicado o que crea pertinente.
Pois ben, neste caso, este blog tendrá como tema principal as Tecnoloxías da Información e Comunicación no entorno empresarial.